viernes, 18 de septiembre de 2009

Arte Popular e Patrimonio Histórico de Vigo e Terras de Fragoso



I - Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas de Terras de Fragoso

Vigo e o Val de Fragoso posuen pasaxes e rastros da historia únicos en Galicia.
Non destaca por dispor de grandes monumentos, sen embargo conta con valiosas referencias das formas de vida do pasado, conservándose elementos de case-que todalas épocas, dende a prehistoria, representada por dólmens, petroglifos e castros que ainda se conservan, ata a historia antiga; nos restos de vilas romanas, a etapa medieval con mostras representativas do románico rural de Galicia, o renacemento, o barroco nos séus pazos, nas igrexas distribuida por todas as parroquias, ...
En Vigo se pode contemplar, a súa vez, o sabor da cidade antiga no casco vello, o singular traballo no granito da súa arquitectura decimononica en maxestuosos edificios de cantería, e refinados elementos decorativos tallados na pedra das rúas da cidade nos que abondan os estilos neoclasicos, ecléptico e modernistas dos arquitectos dos finais do século XIX e principios do XX, e a poucos metros adentrarse nas parroquias a cabalo entre o urbano e o rural, onde conviven modernas construccións de vivendas tradicionais nas que se conservan o vello cabaceiro, o alpendre ou o palomar.

No conxunto do Val do Fragoso se mostra unha representación abundante da cultura tradicional de Galicia, reflexada nos máis de 1700 cabaceiros catalogados no término municipal, 247 muiños de auga, 53 cruceiros, 20 cruces, 17 petos de ánimas, 343 fontes, 55 lavadeiros, diversos palomares, etc.
Nunha caótica e a vez que apasionante mixtura de paisaxe rural, mariñeiro e urbano, con sete Pazos cheos de historia (é o municipio co maior número de pazos urbanos de Galicia), máis de 30 igrexas, 77 casas tradicionais, 4 pontes, ...

TURONIO
Delo fai xá moito tempo, no antigo reino de Galicia houbo unha rexión que abarcaba unha boa parte do que hoxe coñecemos como o sul da provincia de Pontevedra, entonces chamado Turonio ou Toronio.
Dende o século IV xa hai pegadas do nome do territorio, formando na Edade Media toda a parte do Val Miñor, Val do Tebra, e Terras de Fragoso.

"(1.495: a campana tañida según costumbre se reunieron en Ayuntamiento en el atrio de Freixeiro los representantes de esta parroquia y la de Lavadores, Bouzas, Beade, Bembrive, Coia y Coruxo)"


Terras de Fragoso a compoñían os Concellos do Fragoso, Bouzas e Vigo, e as feligresías de Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Coia, Comesaña, Chapela, Coruxo, Freixeiro (co séu aneixo Santiago de Vigo), Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Saiáns, Sampaio, San Xoán, Sárdoma, Theis, Valadares, Chapela, Tramañó e Chandebrito; máis adiante se incorporou Zamáns (que entonces pertencía a Porriño), sendo a capitalidade do Val no Freixeiro.

Coa Reordenación Territorial de 1837, desaparece Fragoso como ente administrativo, e as súas parroquias se incorporaron a Bouzas e a Vigo.
É decir, contemplamos un período de nove séculos (do X ata o XIX) no que se escribiron os feitos máis relevantes da nosa historia cercana, e que se corresponde ca historia do Fragoso e os séus tres concellos, e dos séculos dende o decaemento de dous deles e o pulo do terceiro (Vigo).


Os Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas en Galicia

O cruceiro máis antigo que se conserva en Galicia é o de Melide, do século XIV.
Se trata dunha sinxela cruz sobre unha columna, do que Castelao deduce que, en orixe, os nosos cruceiros eran só cruces dse pedra que se trasladaban dun lugar a outro ata asentarse nalgún momento sobre unha pedra ou sobre un pedestal.
Da mesma época son tamén os cruceiros das Ribeiros do Sor (en Mañon) e o de Neda, asi mesmo tambén en realidade cruces.


Segundo o inventario realizado entre 1993 e 2008 polo profesor San Casabella, da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, a provincia de Pontevedra posui o 41% do conxunto de todo-los elementos de Galicia (3.862 de 9.378).
Os cruceiros máis antigos do Fragoso son: o da entrada do convento das Monxas Bientas de San Vicente de Trasmañó, do ano 1625, o do adro da igrexa de Coruxo, é o de Castrelos-Costa, ambo-los dous datados en 1641.




Dos elementos obxeto de estudo repartidos por todo o val, seleccionamos:

53 cruceiros, 23 cruces de pedra, e 17 petos de ánimas.



Entre os cruceiros máis belos do mundo, o de Hio (Morrazo), que data de 1871, rivaliza co cruceiro de Covelo, de 1899. Ambolos dous son da autoría do célebre mestre canteiro Xosé Cerviño, tamén coñecido como Pepe da Pena.
No cruceiro de Covelo mixtúranse figuras relixiosas con alegorías profanas, e conta cunha singularidade que o fai único: ten na base catro representacións dedicadas a industria, a agricultura, as artes, e a xustiza.











Na península Ibérica, destacamos o cruceiro de S. Domingos, excelente obra escultórica do século XV, que se situaba no adro do antigo convento de S. Domingos, hoxe Sé Catedral de Aveiro.



Actualmente este cruceiro gótico encóntrase dentro do citado templo, situado a entrada a dereita; no séu lugar orixinal no adro foi colocada unha réplica.


Cruceiro do Castelo de San Sebastián, no Castro




Cruceiros de Terras de Fragoso


Peto de Ánimas da Riouxa-Teis






Capiteis cruceiros de Terras de Fragoso